DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/054-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Modificado 1 LMTA, LMTS, CTCs e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Situación: lugares do Cumial e Muíño do Camba, concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación dun novo apoio núm. x1, de celosía metálica, do tipo C-14/2000, que se intercala na LMTA SCV844C entre os apoios existentes núm. D27-5-4 e núm. D27-5-5, en que se instala un interruptor seccionador telecontrolado (ITC). Substitución do condutor entre o apoio existente D-27-5-7 e o apoio proxectado núm. x1 por 196 m de novo condutor do tipo LA-56.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 577 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. ×1 anteriormente citado e final no CT proxectado núm.1.

• CT proxectado núm. 1, de tipo prefabricado rural de manobra exterior, con transformador de 100 kVA e R/T 20.000/400 V.

• Reforma da LMT SCV844C no tramo da derivación que alimenta o CT Cumial-32CA76, coa substitución dos apoios núm. D15-3-1, núm. D15-3-2 e núm. D15-3-3, por tres novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/1000, C-14/2000 e C-14/2000, respectivamente. Substitución do condutor entre o apoio existente núm. D-15-3 e o apoio proxectado núm. D-15-3-3 por 278 m de novo condutor do tipo LA-56.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 413 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. D15-3-3 da SCV844C e final no CT proxectado núm. 2.

• CT proxectado núm. 2, do tipo prefabricado rural de manobra exterior, con transformador de 100 kVA e R/T 20.000/400 V, e que substitúe o CT existente Cumial-32CA76.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto modificado de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 6.5.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 21 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2023/054-3.

Concello: Ourense.

Denominación da instalación: Modificado 1 LMTA, LMTS, CTCs e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Predio

Propietarios

Afección

Núm.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Ref. catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Canaliz. sot.

Núm.

Sup. ocup. (m2)

Lonx.
m

Sup. ocup.(m2)

Lonx. m

Sup. ocup. (m2)

1

Serra Coterón

Prado/labor

José Luis Díaz Gómez

32900A173000900000LD

X1

2

2

6

2

San Sellao

Monte alto

Descoñecido

32900A173001510000LR

CTC

15

6

25

3

Serra Coterón

Matogueira

Descoñecido

32900A173003300000LG

D15-3-1

2

4

Rúa Cuartel

Matogueira

Descoñecido

6738502NG9863N0000ZG

D15-3-2

2

2

71

5

Serra Coterón

Prado/labor

Descoñecido

32900A173002480000LI

9

110

6

Serra Coterón

Prado/labor

Descoñecido

32900A173002450000LR

35

558

7

Serra Coterón

Prado

Delia Cid Gómez

32900A173002440000LK

D15-3-3

1

34

553

4

6

7/1

Serra Coterón

Prado

Descoñecido

32900A173003220000LH

D15-3-3

1

0

12

4

5

8

Rúa Cuartel

Prado

Descoñecido

6738510NG9863N0000BG

CTC

15

4

13