De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo da interesada sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se lle dará por notificada.
Contra a resolución que se notifica neste acto poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 26 de maio de 2025
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: Hermanos Marín Vidal.
Titular: Cristina Marín Vidal.
Enderezo: avenida Coímbra, 11, 1º B.
Concello: 15704 Santiago de Compostela.
