DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0061-2025 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, á sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 23 de maio de 2025

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0061-2025 BIO.

DNI denunciado: 33288953H.

Acto de notificación: resolución.