DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de operario/a de servizos mecánico/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 87, do 9 de maio de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de operario/a de servizos-mecánico/a, con nivel de titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 26 de maio de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal