A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 16 de maio de 2025, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira con cargo a dúas prazas de oficial desinfector/a que foron convocadas polo sistema de concurso-oposición, en execución da oferta de estabilización do emprego temporal do Concello de Vigo, de:
– M. S. Araújo Rodríguez, con DNI ***9464**.
– R. Novo González, con DNI ***4589**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión dentro do prazo máximo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. De non o facer, procederase a declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 21 de maio de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución do 7.5.2025)
Francisco Javier Pardo Espiñeira
Segundo tenente de alcalde e concelleiro da Área de Goberno
de Fomento, Servizos e Deportes
