Mediante as resolucións desta dirección xeral, do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizáronse as convocatorias excepcionais no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, concretamente nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona), fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.
Así mesmo, mediante a Resolución desta dirección xeral, do 11 de abril de 2025 (DOG núm. 77, do 23 de abril), convocáronse os actos de elección telemática de destino para as persoas definitivamente seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022.
De acordo coa citada Resolución do 11 de abril de 2025, quedan sen efecto todas as actuacións das persoas aspirantes seleccionadas que tamén o foron na mesma categoría no proceso de estabilización polo sistema de concurso-oposición, cando manifestasen de forma expresa a opción de ser nomeadas en virtude dese proceso.
Por último, a base décima das resolucións de convocatoria establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daquelas persoas aspirantes seleccionadas que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
De conformidade co que antecede, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Excluír do proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, polo que quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación no dito proceso, en cumprimento da base novena das resolucións de convocatoria do 26 de decembro de 2022.
Así mesmo, nese mesmo anexo I tamén figuran como excluídas as persoas aspirantes seleccionadas que manifestasen de forma expresa a súa opción de ser nomeadas na mesma categoría no proceso de estabilización polo sistema de concurso-oposición. Neste caso tamén quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso de méritos.
Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías correspondentes, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo II desta resolución.
Así mesmo, adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.
Terceiro. Declarar finalizado o concurso de méritos das convocatorias excepcionais nos procesos selectivos de estabilización para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022:
– Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
– Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona).
– Fisioterapeuta.
– Logopeda.
– Terapeuta ocupacional.
Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Quinto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto cuarto desta resolución, de conformidade coa base 10.4 das resolucións de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:
– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.
– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.
– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos no punto anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.
Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes excluídas do proceso selectivo
|
DNI |
APELIDOS E NOME |
CATEGORIA |
|
***3294** |
LUCES LAGO, ANA MARIA |
ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN OBSTETRICIA-XINECOLOXIA (MATRON/MATRONA) |
|
***4865** |
FREIRE LOPEZ, BEATRIZ ANA |
FISIOTERAPEUTA |
|
***1348** |
VARELA MARIÑO, JAVIER |
FISIOTERAPEUTA |
|
***2883** |
DIEGUEZ FRASQUET, ISABEL |
TERAPEUTA OCUPACIONAL |
ANEXO II
Relación definitiva de persoas nomeadas estatutarias fixas e destinos definitivos adxudicados
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo |
|||||
|
***4225** |
DE LA CONCEPCION DA SILVA, MARIA DEL PILAR |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona) |
|||||
|
***4538** |
DEL FRAILE VICIOSO, JOSEFINA |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
***5251** |
LLAMAS IGLESIAS, NOEMI |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***2383** |
MERENCIANO AGUIRRE, MARIA ELENA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***6238** |
PEREZ ETCHEVERRIA, MARIA CARMEN |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
|
***9608** |
SOUTO DERUNGS, SILVIA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
Fisioterapeuta |
|||||
|
***3144** |
CANCIO FERNANDEZ, MARIA BENILDE |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
|
***1587** |
CONDE REGUEIRA, TERESA MARIA |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
|
***4445** |
DONO GARCIA, JOSE MANUEL |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***3712** |
GARCIA IGLESIAS, ALICIA BEATRIZ |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***6729** |
GOMEZ CASAL, ARANZAZU |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
***6319** |
LODEIRO RODRIGUEZ, JOSE LUIS |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público de Monforte |
Monforte de Lemos |
- |
|
***9145** |
MARTINEZ SUAREZ, MONICA |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
|
***2208** |
MUÑOZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
|
***7492** |
NUÑEZ SAAVEDRA, ANA BELEN |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
|
***9773** |
VALIÑAS TORRADO, MARIA FLOR |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
|
***8559** |
VAZQUEZ RODRIGUEZ, JOSE MANUEL |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***3804** |
VILA ALVAREZ, ANDRES |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
Logopeda |
|||||
|
***6122** |
LIMA GOMEZ, AIDA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
Terapeuta ocupacional |
|||||
|
***3105** |
BLANCO PAIS, IRENE |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***9386** |
FREIRE VARELA, SABELA |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
|
|
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
|||||
