DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2025 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea A.B. II.

Antecedentes:

1. O día 16 de maio de 2025, Mónica Castelo Piñeiro solicitou autorización para a transmisión mortis causa, da concesión administrativa e da batea A.B. II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: A.B. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 55.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 17.4.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Olimpio Castelo González (***5588**).

Nova titular: Mónica Castelo Piñeiro (***6621**) (100 % privativa).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 23 de maio de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Mª Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica