DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica o acto administrativo relativo ao expediente BS403B 2025-00001302.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma efectuar a notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícase a través deste anuncio o requirimento de emenda e mellora da solicitude que inicia o procedemento ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025.

A través deste anuncio emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora da solicitude, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que de non facer a emenda nun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, terase por desistida da solicitude, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2025-00001302

60548226J

Requirimento de emenda de solicitude do 28.3.2025