DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Borreiros.

Antecedentes:

1. O día 3 de xuño de 2025, Susana Pazos Pereira solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Borreiros.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación, coa que xunta o testemuño do Decreto do 12 de maio de 2025, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Vilagarcía de Arousa, polo que se lle adxudicou mediante poxa pública a metade indivisa da concesión administrativa da dita batea.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Borreiros.

Situación:

Cuadrícula nº: 105.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 18.6.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Gonzalo Miguéns Torrado (***5660**) e Francisco Miguéns Torrado (***5386**).

Novos titulares: Gonzalo Miguéns Torrado (***5660**) e Susana Pazos Pereira (***0244**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 10 de xuño de 2025

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo