DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/23-1, no concello de Cabanas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a persoa interesada no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Porcar e anexo I, no concello de Cabanas (expediente IN407A 2022/23-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do concello do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 30 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/23-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Porcar e anexo I.

Concello: Cabanas.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

14

Leira da Rega

15015A008002780000GB

María del Carmen Piñeiro Rodríguez

9.7.2025

10.20