DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.03934, outorgada o 3 de xullo de 2001, no concello de Poio (expediente DH.A36.108001).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios dos Mananciais de Abeleirado e Regato do Acenteiro.

Expediente: DH.A36. 108001.

Volume total anual: 21.089,70 m3/ano.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous (2) mananciais M1 e M2 na parc. 587, pol. 29 do catastro de Poio.

Lugar: Río Mouro.

Parroquia: Poio (San Xoán).

Concello: Poio.

Descrición:

A auga do M1 condúcese á caseta de captación do M2 e, xunto coa deste, segue á caseta na parcela 829, pol. 31 que contén depósitos individuais desde os que se distribúe ás vivendas que abastece a comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur