A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 5 de maio de 2025 (BOPG núm. 197, do 14 de maio), acordou a finalización e aprobación do proceso selectivo para ingresar, por quenda libre, no corpo administrativo do Parlamento de Galicia.
De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,
RESOLVO:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, grupo C, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo e con expresión dos postos de traballo que se lles adxudican.
Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.
Cuarto. Notificarlle esta resolución ás persoas interesadas, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e á Intervención e Asuntos Económicos.
Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente da Mesa do Parlamento de Galicia
ANEXO
|
Convocatoria: |
Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 9 de abril de 2024. |
||||||
|
Grupo: |
C. |
||||||
|
Quenda: |
libre. |
||||||
|
Corpo administrativo do Parlamento de Galicia |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Denominación |
Unidade destino |
Grupo |
Nivel |
|
1 |
***2062** |
Caaveiro Souto, Andrea |
AP65 |
Administrativo/a |
SPRI1 |
C |
16 |
|
2 |
***5582** |
Corredoira Cobas, María |
AP33 |
Administrativo/a |
SAP2 |
C |
16 |
|
3 |
***0630** |
Pereira Louzao, Iria |
AP40 |
Administrativo/a |
SAP |
C |
16 |
|
4 |
***7877** |
Pino Ponte, Cristina |
AP36 |
Administrativo/a |
SAP |
C |
16 |
1Servizo de Persoal e Réxime Interior
2Servizo de Asistencia Parlamentaria
