DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de maio de 2025, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 30 de maio de 2025

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Signatura

Denominación

Titular

Enderezo

Localidade

V-LU-004187

Carmen García

Carmen García

Lugar Laiosa

O Incio

V-LU-000046

Cuatro Caminos

Mª Blanca González

Rúa Calvo Sotelo, 66

Sarria

V-LU-000883

Cayada

José López

Rúa Benigno Quiroga, 21

Sarria

V-LU-002344

Hamburguesería

Mª Pilar Sampedro

Rúa Benigno Quiroga, 6

Sarria

R-LU-000518

Mesón Horacio

Horacio López López

Rúa Diego Pazos, 54

Sarria

V-LU-003956

Santa Cruz

Manuel T. López Pontón

Rúa Quiroga Ballesteros, 21

O Incio

R-LU-000326

Campo

Luis Campo Pontón

Rúa Benigno Quiroga, 21

Sarria

V-LU-005543

Rendar

Mª Mercedes López González

Avenida de Foilebar, 6

O Incio

V-LU-000029

Pombo

Enrique Pombo Rodríguez

Lugar A Cruz do Incio

O Incio

V-LU-002541

Campo

Luis Campo Pontón

Rúa Benigno Quiroga, 23

Sarria

V-LU-003032

Cristal

Xuncos, S.A.

Rúa Calvo Sotelo, 155

Sarria

V-LU-003033

Cristal

Xuncos, S.A.

Rúa Calvo Sotelo, 155

Sarria

C-LU-000050

Cristal

Xuncos, S.A.

Rúa Calvo Sotelo

Sarria

V-LU-002525

Londres

Hostelería Láncara, S.L.

Rúa Calvo Sotelo

Sarria

V-LU-002780

Los Álamos

Obdulia Fernández

Travesía de Toleiro

Sarria

V-LU-004913

Arcadia

Hotel Restaurante Arcadia, S.L.

Estrada Lugo-Monforte

Bóveda

V-LU-006051

Sala Buddha

José Randís da Pena

Paseo Malecón, 4

Sarria

V-LU-002602

O Noso Lar

Mercedes López Pampín

Travesía de Toleiro, 10

Sarria