DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria da provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura de servizo de Turismo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 88, do 12 de maio de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de abril de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura de servizo de Turismo do Concello da Coruña.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de maio de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía
e Planificación Estratéxica