DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de maio de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública en réxime de alugamento, no barrio histórico de Ferrol, iniciado pola Resolución do 14 de marzo de 2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinala no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en segundas adxudicacións, vacantes no concello de Ferrol, iniciado por la Resolución do 12 de decembro de 2022.

O acto foi adoptado polo secretario da Comisión Provincial de Vivenda, do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 30 de maio de 2025

Luís Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

95493

32722356A

Trámite de audiencia

99349

32735881G

Trámite de audiencia