DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 2 de xuño de 2025 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente número 15R001/R-PRF/68/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 e co artigo 41 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE do 31 de marzo), sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Expediente: 15R001/R-PRF/68/2025.

Interesada: Cheese Revolution, S.L.

CIF: B45907789.

Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo número 15R001/R-PRF/68/2025.