DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34524

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2025/26 (código de procedemento ED306A).

BDNS (Identif.): 840689.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/840689

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que no curso académico 2025/26 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento (código de procedemento ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2025/26 (código de procedemento ED306A).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2025 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 4 de agosto de 2025 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 1 e o 5 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 27 de maio 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional