DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34554

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de xuño de 2025 pola que se modifica a autorización do centro privado Infórmate, de Ferrol.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Infórmate, de Ferrol, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética e a supresión do CM Xestión Administrativa.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para impartir o CS Dietética e suprimir o CM Xestión Administrativa; o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Infórmate.

Código: 15033320.

Enderezo: rúa Cuntis, nº 50.

Localidade: Ferrol.

Concello: Ferrol.

Provincia: A Coruña.

Titular: Centro Gallego de Estudios In.formate, S.L.

Composición resultante:

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

• CS Dietética (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

• CS de Formación para a Mobilidade Segura e Sostible (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos ditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional