DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34569

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se publica a Resolución do 9 de xuño de 2025 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 14 de febreiro de 2025.

A Orde do 14 de febreiro de 2025 establece as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PL400A) (DOG núm. 43, do 4 de marzo).

O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 19, elevou ao órgano competente, á persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución.

Segundo o artigo 20.1, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Conforme o citado artigo 45 da Lei 39/2015, esta publicación producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de xuño de 2025, ditada no procedemento PL400A, relativa á concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 14 de febreiro de 2025, que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude de acordo co establecido na Orde do 14 de febreiro de 2025, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO

Resolución do 9 de xuño de 2025 relativa á concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega ao abeiro da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convoca o procedemento para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (código de procedemento PL400A)

Mediante a Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 43, do 4 de marzo) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar as subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Aquelas solicitudes que cumpriron cos requisitos desta convocatoria foron analizadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 18, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 17 desta orde.

O órgano instrutor previsto no artigo 16, logo da baremación e á vista do informe coa relación dos solicitantes e a súa puntuación realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 19.

Vista a proposta de resolución do órgano instrutor, o secretario xeral da Lingua resolve, por delegación da persoa titular da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto na disposición adicional única da orde.

O financiamento destas subvencións, previsto no artigo 2, farase con cargo á partida orzamentaria 13.02.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por unha contía inicial máxima de 350.000 €.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude de acordo co establecido na Orde do 14 de febreiro de 2025, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Terceiro. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (disposición adicional única da Orde do 14.2.2025), Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.

ANEXO

Número de expediente

Entidade

Modalidade

Importe

2025/0001

Concello de Ribadavia

Programas de dinamización lingüística

2.515,21 €

2025/0002

Concello de Ponte Caldelas

Programas de dinamización lingüística

1.900,00 €

2025/0003

Concello de Ponteareas

Mantemento dun servizo lingüístico

6.780,13 €

2025/0004

Concello de Cerdedo-Cotobade

Programas de dinamización lingüística

2.567,90 €

2025/0005

Concello de Val do Dubra

Mantemento dun servizo lingüístico

6.468,95 €

2025/0006

Concello de Narón

Mantemento dun servizo lingüístico

6.984,92 €

2025/0007

Concello de Ribadumia

Programas de dinamización lingüística

2.863,16 €

2025/0008

Concello do Barco de Valdeorras

Programas de dinamización lingüística

2.363,10 €

2025/0009

Concello de Xove

Programas de dinamización lingüística

2.363,10 €

2025/0010

Concello de Ames

Mantemento dun servizo lingüístico

9.941,53 €

2025/0011

Concello de Pontecesures

Programas de dinamización lingüística

2.400,00 €

2025/0012

Concello de Miño

Mantemento dun servizo lingüístico

7.423,34 €

2025/0013

Concello de Vilaboa

Programas de dinamización lingüística

2.567,90 €

2025/0014

Concello de Viveiro

Programas de dinamización lingüística

2.567,90 €

2025/0015

Concello de Santa Comba

Mantemento dun servizo lingüístico

7.190,72 €

2025/0016

Concello de Boiro

Mantemento dun servizo lingüístico

7.088,32 €

2025/0017

Concello de Outes

Mantemento dun servizo lingüístico

6.961,06 €

2025/0018

Concello de Tomiño

Programas de dinamización lingüística

2.651,41 €

2025/0019

Concello de Redondela

Mantemento dun servizo lingüístico

7.293,11 €

2025/0020

Concello de Ribeira

Mantemento dun servizo lingüístico

7.498,90 €

2025/0021

Concello da Coruña

Mantemento dun servizo lingüístico

8.377,73 €

2025/0022

Concello do Pino

Programas de dinamización lingüística

2.773,69 €

2025/0023

Agrupamento de Carnota e Mazaricos

Mantemento dun servizo lingüístico

7.192,70 €

2025/0024

Concello da Cañiza

Mantemento dun servizo lingüístico

7.211,59 €

2025/0025

Concello de Silleda

Programas de dinamización lingüística

1.331,80 €

2025/0026

Concello de Moaña

Mantemento dun servizo lingüístico

7.741,47 €

2025/0027

Concello de Padrón

Programas de dinamización lingüística

2.119,01 €

2025/0028

Concello de Vilagarcía de Arousa

Mantemento dun servizo lingüístico

8.059,60 €

2025/0029

Concello de Marín

Programas de dinamización lingüística

2.773,69 €

2025/0030

Concello de Cuntis

Programas de dinamización lingüística

2.530,80 €

2025/0031

Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes

Mantemento dun servizo lingüístico

8.215,68 €

2025/0032

Agrupamento de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel

Programas de dinamización lingüística

3.281,70 €

2025/0033

Concello de Outeiro de Rei

Programas de dinamización lingüística

2.259,71 €

2025/0034

Concello de Carballo

Mantemento dun servizo lingüístico

6.727,44 €

2025/0035

Concello de Barbadás

Programas de dinamización lingüística

2.671,29 €

2025/0036

Concello de Teo

Mantemento dun servizo lingüístico

7.873,69 €

2025/0037

Concello de Catoira

Programas de dinamización lingüística

2.567,90 €

2025/0038

Concello de Muros

Mantemento dun servizo lingüístico

5.239,19 €

2025/0039

Concello da Laracha

Programas de dinamización lingüística

2.438,66 €

2025/0040

Concello de Cambados

Programas de dinamización lingüística

2.259,71 €

2025/0041

Concello de Moraña

Programas de dinamización lingüística

2.363,10 €

2025/0042

Concello de Sanxenxo

Programas de dinamización lingüística

2.363,10 €

2025/0043

Concello da Baña

Programas de dinamización lingüística

3.605,79 €

2025/0044

Agrupamento da Veiga e Viana do Bolo

Programas de dinamización lingüística

2.635,51 €

2025/0045

Concello de Cabanas

Programas de dinamización lingüística

1.975,00 €

2025/0046

Concello de Mos

Programas de dinamización lingüística

2.567,90 €

2025/0047

Concello de Neda

Programas de dinamización lingüística

1.676,86 €

2025/0048

Concello de Oia

Programas de dinamización lingüística

2.773,69 €

2025/0049

Concello de Vedra

Programas de dinamización lingüística

2.773,69 €

2025/0050

Concello do Porriño

Programas de dinamización lingüística

2.671,29 €

2025/0051

Concello de Abegondo

Mantemento dun servizo lingüístico

7.088,32 €

2025/0052

Concello de Coristanco

Programas de dinamización lingüística

1.951,53 €

2025/0053

Concello das Neves

Programas de dinamización lingüística

1.980,00 €

2025/0054

Concello de Cariño

Programas de dinamización lingüística

2.969,53 €

2025/0055

Concello de Betanzos

Mantemento dun servizo lingüístico

7.498,90 €

2025/0056

Agrupamento de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños

Programas de dinamización lingüística

1.640,00 €

2025/0057

Concello de Arzúa

Mantemento dun servizo lingüístico

6.780,13 €

2025/0058

Concello de Vimianzo

Programas de dinamización lingüística

1.192,98 €

2025/0059

Concello de Ponteceso

Mantemento dun servizo lingüístico

5.302,81 €

2025/0060

Concello de Ferrol

Mantemento dun servizo lingüístico

7.396,50 €

2025/0061

Concello da Pobra do Caramiñal

Mantemento dun servizo lingüístico

5.547,38 €

2025/0062

Concello de Rianxo

Programas de dinamización lingüística

2.438,66 €

2025/0063

Concello do Carballiño

Mantemento dun servizo lingüístico

6.575,33 €

2025/0064

Concello de Carral

Mantemento dun servizo lingüístico

6.574,33 €

2025/0065

Concello de Melide

Mantemento dun servizo lingüístico

7.423,34 €

2025/0066

Concello do Rosal

Programas de dinamización lingüística

2.876,09 €

2025/0067

Concello de Bueu

Programas de dinamización lingüística

2.671,29 €

2025/0068

Concello de Brión

Programas de dinamización lingüística

2.259,71 €

2025/0069

Agrupamento de Chantada e Carballedo

Programas de dinamización lingüística

2.456,56 €

2025/0070

Concello de Soutomaior

Programas de dinamización lingüística

3.081,87 €

2025/0071

Concello de Valga

Mantemento dun servizo lingüístico

6.575,33 €

2025/0072

Concello de Caldas de Reis

Programas de dinamización lingüística

2.259,71 €

2025/0073

Concello de Cangas

Programas de dinamización lingüística

2.465,50 €

2025/0074

Concello de Vila de Cruces

Programas de dinamización lingüística

2.485,39 €

2025/0075

Concello de Tui

Programas de dinamización lingüística

2.385,97 €

2025/0076

Concello de Sarria

Programas de dinamización lingüística

718,77 €

2025/0077

Concello de Valdoviño

Programas de dinamización lingüística

3.605,79 €

2025/0078

Concello de Muxía

Programas de dinamización lingüística

1.789,89 €

2025/0079

Concello de Celanova

Programas de dinamización lingüística

1.640,00 €

2025/0080

Concello de Meis

Programas de dinamización lingüística

925,00 €

2025/0081

Concello da Guarda

Programas de dinamización lingüística

1.485,00 €

2025/0082

Agrupamento de Boborás e Castrelo de Miño

Programas de dinamización lingüística

2.340,25 €

2025/0083

Concello da Fonsagrada

Programas de dinamización lingüística

1.789,50 €

2025/0084

Agrupamento de Rois e Dodro

Mantemento dun servizo lingüístico

9.185,00 €

2025/0085

Concello de Salceda de Caselas

Programas de dinamización lingüística

2.400,00 €

2025/0086

Concello de Mondariz

Programas de dinamización lingüística

3.300,00 €

2025/0087

Agrupamento de Xermade, Muras e Vilalba

Programas de dinamización lingüística

1.500,00 €

Total

350.000,00 €