Convócase mediante esta resolución o alleamento de cincuenta e oito (58) animais vacúns de raza rubia galega, de acordo co disposto no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), o cal configura a Axencia con personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía na súa xestión.
A licitación e información dos lotes pódense consultar na páxina web da Axencia, no enderezo https://agacal.xunta.gal/. Para este procedemento rexerá a normativa vixente e os pregos de condicións que figuran no expediente, que poderán ser consultados polas persoas interesadas, na páxina web indicada, a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial que terá lugar os vindeiros días 30 de xuño, entre as 10.00 e as 13.00 horas, e 1 de xullo, entre as 9.00 e as 11.00 horas, nas dependencias do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, estrada Betanzos-O Mesón do Vento, quilómetro 7, Mabegondo, 15318 Abegondo.
A inscrición para participar na poxa realizarase a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento PR004), seguindo as indicacións do prego de condicións.
O día 1 de xullo ás 11.30 horas realizarase a sesión de poxa pública no salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, no cal se proxectarán imaxes dos lotes sometidos a poxa.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
