DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 34965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de maio do 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/0781-3 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da/s persoa/s interesada/s na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.

Ourense, 30 de maio de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2025/0781-3

Y3696656H

PR204A 2025/1347-3

44493835J

PR204A 2025/1467-3

27433436W

PR204A 2025/1546-3

10080960Z

PR204A 2025/1549-3

B32484818