DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 34968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 2 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2025/00052).

O día 28 de abril de 2025, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición, expediente LU-2025/00052, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se lles puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, polo que se realiza esta notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Departamento Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. De non cumprir co requirimento, consideraranse desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

Lugo, 2 de xuño de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE

Acto notificado

LU-2025/00052

53976155 P

34303543 D

Requirimento de documentación. Vid. artigos 5 e 11 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.