DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 34973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0130/2024-V e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE núm. 75, do 29 de marzo, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro), son notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tales actos e a constancia destes, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de xuño de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0130/2024-V

02280734P

Proposta de resolución

ANI-CO-0130/2024-V

02280734P

Cambio de instrutora

ANI-CO-0141/2024-V

33253644Z

Proposta de resolución