De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.
En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto adoptouno quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 3 de xuño de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Acto notificado |
NIF interesado/a |
Acto adoptado |
Data do acto |
|
IN635C M.C.-MIN OU 2025/1-3 |
Resolución de multa coercitiva e cartas de pagamento |
B32283210 |
Pola directora territorial |
30 de abril de 2025 |
