DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 35002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente RRSE-CEI-1.10/25).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente/recurso

Recorrente

Acto obxecto de notificación

RRSE-CEI-1.10/25

Carmen Pérez Vila

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

RRSE-CEI-1.10/25

Rosa Fernández Pérez

Acordo de denegación da solicitude de suspensión