En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Manuel Varela Fraga.
DNI: ***1736**.
Expediente: DH.A15.89981.
Volume total anual: 20491 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 80 l/s.
Destino: Accionamento de muíño fariñeiro.
Orixe: x = 535567, y = 4760490; (fuso 29 ETRS89).
Lugar: Fondal.
Parroquia: Xavestre (San Cristovo).
Concello: Trazo
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes do Rego do Pazo no punto de coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) x= 535567, y= 4760490, parcela 15087B508007070000TR, para o accionamento dun muíño fariñeiro nas coordenadas UTM x= 535598, y= 4760461, na parcela 15087B508007070000TR da parroquia de Xavestre, concello de Trazo.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
