En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José Ángel Atanes Castesana.
Expediente: DH.A36.106993.
Volume total anual: 854,10 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,06 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 30, polígono 62 do catastro de Cerdedo-Cotobade.
Lugar: Calvelo.
Parroquia: Tenorio.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Descrición:
A auga cáptase no interior dunha caseta de protección de 1,4×1,2×1,2 m e condúcese a un depósito 17.400 l na parcela 30, polígono 62 desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Calvelo.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 25 de marzo de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
