DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente INC-CO-0114-2024 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 4 de xuño de 2025

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto de notificación

INC-CO-0114-2024 BIO

33284407A

Resolución

INC-CO-0114-2024 BIO

33284406W

Resolución