A representación da titularidade do centro privado (CPR) FP Apetamcor DAC-AT, de Santiago de Compostela, solicita a autorización de apertura e funcionamento para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Transporte e Loxística e o CS Formación para a Mobilidade Segura e Sostible.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización do centro e ensinanzas
Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: FP Apetamcor DAC-AT.
Código do centro: 15033356.
Domicilio: rúa País Vasco, 63, 2º.
Localidade: Santiago de Compostela.
Código postal: 15707.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Titular: Driving Academy Consulting, S.L.
Ensinanzas que se autorizan:
Réxime ordinario, modalidade presencial.
• 1 CS Formación para a Mobilidade Segura e Sostible (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
