Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán presentar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.
Vigo, 3 de xuño de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/119-4
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo
Concello: As Neves
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
36034A024001890000HI |
Descoñecido |
