Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a persoa interesada no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 5 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/400-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Seiruga.
Concello: Malpica de Bergantiños.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
14 |
Campelo |
15044A019006390000ET |
José Ignacio Ordóñez Cousillas |
30.7.25 |
10.20 |
