O 6.5.2025 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á repotenciación da LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda entre os apoios 113 e 165, nos concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín e A Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2024/137-3). Publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 28.5.2025.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma ao resultar descoñecida a interesada.
A persoa interesada ou o seu representante legal deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sitas na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, Santiago de Compostela (Edifico Inega-San Lázaro), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO
Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, da repotenciación da LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda entre os apoios 113 e 165.
|
Propietario |
Datos do predio afectado |
||
|
Nº |
Ref. catastral |
Concello |
|
|
Descoñecido |
1 |
32064A023008520000JX |
A Pobra de Trives |
