DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35276

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Río das Cabras

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

Convócanse todos os comuneiros da traída de augas á xunta xeral ordinaria que terá lugar o día 20 de xullo de 2025, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, no centro cultural de San Vicente de Trasmañó, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Informe da actividade do ultimo ano.

3. Estado de contas.

4. Cotas ano 2025.

5. Solicitude de subvencións.

6.- Renovación da concesión

7. Altas e baixas de comuneiros.

8. Rogos e preguntas.

Trasmañó-Redondela, 2 de xuño de 2025

Ángel Pérez Casal
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas Río das Cabras