DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35490

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

BDNS (Identif.): 841543.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/841543

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, as persoas agricultoras mozas titulares dunha explotación agraria que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores, ou as persoas xurídicas titulares dunha explotación agraria na que se instale unha persoa agricultora moza que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

Cuarto. Contía das axudas

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural