A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 53/2025, contra a Resolución do 8 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala arquitectos técnicos (DOG núm. 221, do 15 de novembro), en relación co proceso convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro).
O recurso interponse exclusivamente fronte ao carácter provisional do destino adxudicado.
O devandito procedemento xudicial pode afectar non só as persoas participantes nos mencionados procesos selectivos, senón tamén aquelas que participen no concurso de traslados da mesma escala e especialidade.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
