DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os requirimentos para a regularización das inscricións no Rexistro de Augas (expediente DH.B15.1016 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os requirimentos de información, realizados no expediente DH.B15.1016 e seis máis, co fin de regularizar as inscricións que constan no Rexistro de Augas.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do requirimento

DH.B15.1016

51962190S

9.4.2025

DH.B15.1041

32374137G

9.4.2025

DH.B15.1131

33341302L

9.4.2025

DH.B15.1361

Mercedes Rodríguez Torrón

9.4.2025

DH.B15.6796

33058978C

9.4.2025

DH.B15.7477

33135416Y

9.4.2025

DH.B36.8361

76832498D

9.4.2025