DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35763

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2025 pola que se acepta a renuncia dunha persoa aspirante ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, como persoal laboral fixo na categoría 6 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, educador/a, profesor/a especial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 6 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, educador/a, profesor/a especial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), a persoa aspirante Sara Ledo Ares, con DNI ***9386**, foi convocada para a elección de destino mediante a Resolución do 23 de maio de 2025 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).

Con data do 13 de xuño de 2025, a dita persoa aspirante presentou a renuncia a continuar no proceso, polo que esta consellería, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Sara Ledo Ares, con DNI ***9386**, ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, como persoal laboral fixo na categoría 6 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, educador/a, profesor/a especial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), quedando anuladas as súas actuacións no dito proceso selectivo.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal