DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de xuño de 2025, da Secretaría da Comisión Galega de Control da Violencia, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 13/2024 CGCV.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos tras intentar dúas veces a notificación sen que se puidese efectuar.

O acto foi adoptado polo instrutor do expediente 13/2024 da Comisión Galega de Control da Violencia.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para examinar o contido íntegro deste acto na sede da Comisión Galega de Control da Violencia, Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, núm. 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025

Sandra García Gut
Secretaria da Comisión Galega de Control da Violencia

ANEXO

Núm. de expediente: 13/2024 CGCV.

NIF da persoa interesada: 71504729Y.

Acto notificado: trámite de audiencia de expediente sancionador.