DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-07/2025-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 11 de xuño de 2025

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANP-OU-07/2025-V

44656474L

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-130/2024-V

76726087L

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-131/2024-V

38461971Z

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-20/2025-V

38461971Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora