De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 12 de xuño de 2025, do proxecto de planta de fundición de chatarra de aluminio situada no parque empresarial de Pedra Partida, no concello de Coirós (A Coruña), promovido por Aluminios Cortizo, S.A.
A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
