DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publícase a referencia dun expediente e a referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o titular, ou non contar con domicilio coñecido para os efectos de notificacións, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, e advírtese expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición do/da interesado/a no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado/a

Referencia catastral

Superficie afectada pola franxa de 50 m arredor da edificación illada destinada a personas a menos de 400 m do monte

Gestiona 169/2025

M. A. A.

36036A021005410000QM

291,37 m² (100 %)

Gestiona 169/2025

En investigación

36036A021013070000QY

274,39 m² (39,48 %)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 2 de xuño de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa