DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2024/200-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMT, CT Santa Baia.

– Situación: A Estrada.

– Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 143 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-3000/16, con matrícula A9MPPE6Q//A9MEHRDI, da LMTA LES805 (A Estrada-Gradín 5) e final no apoio proxectado C-3000/12 número 2.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 801 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/12 número 2, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36017C508008410000TX no lugar de Santa Baia, parroquia de Matalobos, no concello da Estrada (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 6 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/200-4.

Denominación: LMT, CT Santa Baia.

Concello: A Estrada.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións
(servidume
de voo)

Afeccións (canalización subterránea)

m2

ml aér.

m2 aér.

ml

sub.

m2

sub.

1

Santa Baia-Matalobos Brando

Rústico

36017C507007500000TA

María Barcala Puga

Francisco Tato Loureiro

1

2,00

52,00

811,00

2

Santa BaiaMatalobos Brando

Rústico

36017C507007530000TG

Marcos Puga Barreiro

12,00

18,00

3

Santa Baia-Matalobos Brando

Rústico

36017C507007490000TY

Juan José Penas Rosende

26,00

404,00

4

Santa Baia-Matalobos Brando

Rústico

36017C507007520000TY

María Dolores Fontenla Rodríguez

41,00

646,00

8

Santa Baia-Matalobos Brando

Rústico

36017C507006830000TH

Juan José Penas Rosende

2

2,00

3,00

25,00

3,00

9

Santa Baia-Matalobos Brando

Rústico

36017C508008410000TX

Aurora Loureiro Baduja

CT

15,00

5,00

17,00