DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xuño de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Lalín (expediente DH.V36.109850).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Inmobiliaria Huttopia Galicia, S.L.

NIF: B10992055.

Expediente: DH.V36.109850.

Lugar: A Carballeira, polígono 205, parcela 92.

Parroquia: Prado.

Concello: Lalín.

Tipo de vertedura 1: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.

Caudal máximo anual 1: 32.850 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=565.672; Y=4.725.181

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais asimilables a domésticas xeradas no restaurante do cámping son tratadas nun separador de graxas e, posteriormente, xunto coas augas residuais asimilables a domésticas xeradas no resto das instalacións, en dúas fosas sépticas dispostas en paralelo, cada unha delas deseñada para 312 habitantes equivalentes, seguidas dun humidal de fluxo subsuperficial con aireación forzada. O efluente depurado vértese por infiltración no terreo mediante 35 gabias filtrantes.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras