DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 17 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 96/2025, contra a Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 5 de novembro de 2024, pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes (Diario Oficial de Galicia número 240, do 13 de decembro), en relación co proceso convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 96/2025, contra a Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 5 de novembro de 2024, pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal (DOG núm. 216, do 8 de novembro), en relación co proceso convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes (DOG núm. 240, do 13 de decembro), en relación co proceso convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro).

O devandito procedemento xudicial pode afectar non só as persoas participantes nos mencionados procesos selectivos, senón tamén aquelas que participen no concurso de traslados da mesma escala e especialidade.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal