DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a resolución pola que finaliza a avaliación de impacto ambiental simplificada por inviabilidade ambiental do proxecto do parque eólico singular de Fofe modificado, no concello de Covelo (Pontevedra) (expediente 2024/0040).

De conformidade co artigo 34.1 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (BOE núm. 79, do 2 de abril), faise pública a resolución pola que finaliza a avaliación de impacto ambiental simplificada por inviabilidade ambiental do 17 de xuño de 2025 do proxecto do parque eólico singular de Fofe modificado, no concello de Covelo (Pontevedra), promovido por Sestelo Eólica, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade