DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 11 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto e integración paisaxística mineira, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da concesión de explotación Montesalgueiro número 7093, situada no concello de Aranga (A Coruña), promovida por Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación do impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), tendo en conta os artigos 27 e 32 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación dese acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto e integración paisaxística mineira, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da concesión de explotación Montesalgueiro núm. 7093, situada no concello de Aranga, provincia da Coruña, promovida pola sociedade Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste,S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 11 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña