De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos fofon adoptados polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra 17 de xuño de 2025
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
|
VI482F3601170 |
36118525S |
Resolución perda da axuda |
|
VI482F3601529 |
Y1680228T |
Resolución concesión da axuda |
|
VI482F3600294 |
11965519E |
Resolución concesión da prórroga |
|
VI482F3601569 |
36128880C |
Resolución denegación da axuda |
