De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouse por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente á Dirección Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 18 de xullo de 2025
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
OU-RES-2024-086 |
21756594C |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Polo instrutor |
|
OU-RES-2025-011 |
34948130K |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Polo instrutor |
|
OU-RES-2025-027 |
33548456N |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Polo instrutor |
|
OU-RES-2025-059 |
44450676W |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
