Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-21, na Casa do Concello de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmos ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 18 de xuño de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/35-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-21.
Concello: Ourense.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Nº de |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
1 |
Cuqueira |
32900A023001510000PI |
MVMC de Coto do Couto |
Casa do Concello de Ourense |
22.9.2025 |
12.30 |
|
2 |
Cuqueira |
32900A023000430000PT |
Descoñecido |
Casa do Concello de Ourense |
22.9.2025 |
12.35 |
|
3 |
Cuqueira |
32900A023000310000PH |
Descoñecido |
Casa do Concello de Ourense |
22.9.2025 |
12.40 |
|
6 |
Ramirás |
5487021NG8858N0001QH |
Descoñecido |
Casa do Concello de Ourense |
22.9.2025 |
12.45 |
