DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 37018

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes de Cubeliños

ANUNCIO da convocatoria de asemblea extraordinaria.

Santiago Cabrera Fontenla, presidente da Comunidade de Regantes de Cubeliños, mediante este anuncio convoco á asemblea extraordinaria que terá lugar o 26 de xullo de 2025, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, no local social de Pazos de Iria, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón (A Coruña), coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Lectura e aprobación dos estatutos.

3. Rogos e preguntas.

Padrón, 11 de xuño de 2025

Santiago Cabrera Fontenla
Presidente da Comunidade de Regantes de Cubeliños